Curso de “ PREVENCIÓN DA DEPRESIÓN”

(2016 - 01 - 22) Cartel_cursos_previr_a_depresion

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O PROBLEMA DA DEPRESIÓN.

Definida como un trastorno mental, a depresión afecta a mais de 350 millóns de persoas no mundo, e defínese como diferenza das variacións habituais do estado de ánimo ou “as respostas emocionais breves os problemas da vida cotiá ”

A Organización Mundial da Saúde (OMS) manifesta : “non tratar as depresións e algo grave que pode levar a situacións extremas”, a mesma organización afirma que hai un millón de suicidios anuais produto da depresión, e que a depresión, pode considerarse a “epidemia de século XXI”. Manifesta ademais que esta doenza e a principal causa de discapacidade en todo o mundo.

Algunhas autoridades no tema estiman que mais de un 12% da poboación adulta presentou ou presentará no futuro un episodio depresivo de importancia clínica suficiente como para necesitar tratamento. Non existe ningunha evidencia de que a taxa de depresión diminuíse nos últimos anos, ó contrario, esta taxa parece incrementarse.

A depresión é unha das causas principais de hospitalización psiquiátrica. Ó longo dun ano aproximadamente, un 15% dos adultos entre 18 e 74 anos poden sufrir síntomas depresivos de certa consideración.

Os datos sinalan ademais que cada episodio depresivo incrementa a probabilidade de un recaída posterior. Aproximadamente o 60% dos doentes que sufriron un episodio depresivo presentan ó menos unha recorrencia o longo da súa vida.

O Concello de Santa Comba, dende logo, non é inmune a esta doenza. E aínda que non posuamos datos estatísticos concretos deste trastorno dentro da nosa poboación, observando as cifras anteriormente mencionadas, parece lóxica a necesidade de levar a cabo un programa de “prevención da depresión”, por tanto; dende a concellería de Servizos Sociais, Sanidade,Muller, Igualdade e Atención Cidadá dirixida por Dona Estefania Calvelo Muniz comunicase a posta en marcha de un curso de “PREVENCIÓN DA DEPRESIÓN”.

O obxectivo principal do curso é dotar ás persoas da comunidade de técnicas básicas e sinxelas que lle permitan abordar , limitar ou extinguir a sintomatoloxía depresiva ou previr a aparición da mesma. Intentamos que as persoas aprendan algo da súa propia experiencia psicoterapéutica, é dicir , esperamos que os participantes manexen e dispoñan de recursos necesarios para enfrontarse ós síntomas depresivos, que logren eliminar depresións incipientes e previr as futuras.

Debido, e como consecuencia da metodoloxía que require o curso, as prazas serán a limitadas a un máximo de 20 persoas.

As persoas que desexen participar no mesmo deben inscribirse no departamento de servizos sociais ,na área de atención psicolóxica.

O curso comezará o xoves 25 de febreiro en horario de 10:00 a 11:30 horas.

Mais información nos teléfonos: 981 104 309 /663 729 490

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *