981880075
Seleccionar página

Dende a Concellería de Servizos Sociais e Atención Cidada dirixida por Dona Estefania Calvelo Muñiz, comunicase que o mércores 14 de outubro as 19:30 horas tera lugar no edificio Multiusos do Concello de Santa Comba unha  charla informativa, aberta a toda a poboación deste concello e concellos limitrofes , sobre a enfermidade do Alzheimer.

A charla será impartida pola psicóloga Lara Rodrígez de las Heras e pola terapeuta ocupacional Beatriz Crespo Rilo, ambas traballadoras da asociación AFABER. Faráse un percorrido
polas causas que levan a sufrir a demencia, así como o síntomas iniciais que se mostran nas persoas afectadas, como a perda de memoria ou a desorientación. Asi mesmo, a evolución e as etapas da enfermidade tamén será unha parte importante da actividade, xa que a charla está dirixida tanto a persoas que sofren os efectos de ter un familiar con alzhéimer como aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre esta enfermidade que se estima que afecta en Galicia a unhas 96.000 persoas.

UCHA DIA ALZHEIMER 2015 (2)

https://www.youtube.com/watch?v=Tg0vcAwGr_Y&feature=youtu.be