Bolsas para libros e material escolar – Curso 2008/09

O Concello de Santa Comba concede axudas para a merca de libros e material escolar ós alumnos matriculados nos centros escolares do Municipio que cursen Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria .

 

REQUISITOS:

  • Estar empadroado e ter residencia efectiva permanente no Concello de Santa Comba.
  • Ter fillos/as en idade escolar obrigatoria matriculados nos centros de ensino público que lle corresponden pola súa residencia . Deberá acreditarse a condición de non repetidor
  • Non superar os ingresos económicos fixados nos baremos das bases destas axudas, publicadas no BOP nº 226, do 30 de setembro de 2008.
  • Non ter recibida axuda polo mesmo concepto.
  • Non ser debedor de Facenda Municipal.
  • Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Santa Comba.

lUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE

As solicitudes deberán formularse no modelo que se lle facilitará no Departamento de Servizos Sociais do Concello ata o 20 de outubro do presente ano.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *