981880075
Seleccionar página

 

O Concello de Santa Comba concede axudas para a merca de libros e/ou material escolar ós alumnos matriculados nos centros escolares do Municipio que cursen Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria .

 

REQUISITOS

q Estar empadroado e ter residencia efectiva permanente no Concello de Santa Comba.

q Ter fillos/as en idade escolar obrigatoria matriculados nos centros de ensino público que lle corresponden pola súa residencia. Deberá acreditarse a condición de non repetidor.

q Non superar os ingresos económicos fixados nos baremos das bases destas axudas, publicadas no BOP nº 247, do 19 de novembro de 2009.

q Non ter recibida axuda polo mesmo concepto.

q Non ser deudor de Facenda Municipal, Tributaria e da Seguridade Social.

q Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Santa Comba.

q Presentar a solicitude e documentación requirida dentro do prazo.

LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE

As solicitudes deberán formularse no modelo que se lle facilitará no Departamento de Servizos Sociais do Concello ata o 9 de decembro do presente ano. ( Nova localización:Baixo Vivenda Comunitaria; entrada polo parque infantil)