981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Mellora de camiños de acceso a explotacións agrarias.

0

Obra: Acceso a explotacións agrarias 2016: Amenzóns – Portochán, Amarelle – Mourelle e outros

Plan: Plan Marco: mellora de camiños de acceso a explotacións agrarias-2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020

O Concello de Santa Comba levou a cabo a execución das obras incluídas no proxecto “Acceso a explotacións agrarias 2016: Amenzóns – Portochán, Amarelle – Mourelle e outros” REV 01, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Juan Carlos Carballeira Rifón, colexiado núm. 7383; con data de xuño de 2016; cun importe de execución material de 88.900,00 euros, e 18.669,00 euros de IVE, ascendendo a un importe total de 107.569,00 euros; así como o control de calidade das obras executadas por un importe de 921,75 euros e 193,57 euros de IVE, que ascende a un total de 1.115,32 euros, todo elo cofinanciado ao amparo da Resolución do 25 de xaneiro de 2016, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), pola que se aproba o Plan Marco: mellora de camiños de acceso a explotacións agrarias-2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020, agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.

2016-11-03-cartel-de-obras

Compartir

Escribir un comentario

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR