981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Actuación: Obras e instalacións necesarias para a substitución das caldeiras existentes na piscina climatizada por caldeira-tándem de pellets.

0

Actuación: Obras e instalacións necesarias para a substitución das caldeiras existentes na piscina climatizada por caldeira-tándem de pellets.

 Plan: Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2010 (DOG núm. 248, do mércores 30 de decembro de 2015).

 O Concello de Santa Comba levou a cabo a execución das obras incluídas no proxecto denominado “Obras e instalacións necesarias apra a substitución das caldeiras existentes na piscina climatizada por caldeira-tándem de pellets. Santa Comba”, redactado polo polo enxeñeiro técnico industrial José Rúa Salgado e o enxeñeiro agrónomo Juan Carlos Trillo Morado, cun orzamento de execución por contrata de 121.945,53 euros, e 25.608,56 euros de IVE (21%), o que ascende a un importe total de 147.554,09 euros.

O prezo de adxudicación foi de 73.140,50 euros e 15.359,50 euros correspondentes ao IVE, que ascende a un total de 88.500,00 (oitenta e oito mil cinco centos euros), o que supón unha baixa de 59.054,09 euros.

A empresa adxudicataria é IDM PEREIRA SL.

As actuacións están cofinanciadas polo INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) ao abeiro da Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2010 (DOG núm. 248, do mércores 30 de decembro de 2015); así como polo Concello de Santa Comba.

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) é un ente de dereito público adscrito á Consellería de Economía, Emprego e Industria, creado pola a Lei 3/1999, do 11 de marzo, i é competen­te en materia enerxética entre cuxas funcións destacan a de incidir e promover a utilización racional da enerxía, na aposta pola diversificación das fontes enerxéticas que  contribúan a unha menor dependencia enerxética exterior, así como potenciar a redución de gases contaminantes e/ou de efecto invernadoiro.

Así pois, coa execución do presente proxecto nas dependencias da piscina climatizada de Santa Comba conséguese reducir notablemente o consumo de combustibles derivados do petróleo, reducindo asemade o gasto enerxético ao mesmo tempo que se mellora a instalación dende o punto de vista medioambiental, pois é moi considerable a redución de gases de efecto invernadoiro mediante a utilización de fontes de enerxía máis limpa.

 

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR