981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS

0

Obra: Mellora de camiños municipais no Concello de Santa Comba

Plan: mellora de camiños municipais 2018-2019, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020

O Concello de Santa Comba está a realizar a execución das obras incluídas no proxecto “Mellora de camiños municipais no Concello de Santa Comba”, redactado polo enxeñeiro técnico industrial, Jesús M. Mallo Puga, con data de febreiro de 2018; cun importe de valor estimado de 69.297,38 euros, e 14.552,45 euros de IVE, ascendendo a un importe total de 83.849,83 euros; así como o control de calidade das obras executadas, para o que se ten contratado dito servizo por un importe de 2.500,00 euros e 525,00 euros de IVE, que ascende a un total de 3.025,00 euros, todo elo cofinanciado ao amparo da Resolución do 15 de decembro de 2017, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), das axudas correspondentes ao plan de mellora de camiños municipais 2018-2019, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020, agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.

A obra foi adxudicada polo importe total, IVE incluído, de 58.862,58 euros.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR