981880075
Seleccionar página

(2015 - 12 - 11) RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Un ano máis a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller, Igualdade e Atención Cidadá dirixida por Estefanía Calvelo Muñiz, pon en marcha a “Operación Kilo 2015”, ca recollida de alimentos non perecedeiros (conservas, aceite, legumes, azucre, productos navideños, etc.) en varios dos edificios do Concello de Santa Comba, oficinas Servicios Sociais, Centro de Cultura e Piscina Municipal.

Tamén se conta como nos outros anos, ca colaboración dos centros educativos CEIP “Barrie de la Maza” e CEIP Plurilingüe “Pepe de Xan Baña”.

Este ano uníronse a campaña, o “Centro Sociocomunitario” e 5 pubs do noso concello, “Ruta 2000”, “Supreme”, “Dunnes”, “Coppelia” e “Buday”.

A recollida será ata o día 17 de decembro, a excepción dos pubs, onde se recolleran os alimentos os sábados 12 e 19 de decembro.