981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

¿Que é o C.I.M.?

0

¿QUE É O C.I.M.(CENTRO DE ATENCIÓN ÁS MULLERES)?

  • É un servizo de ámbito local, promovido e sostido conxuntamente polo Concello e o S.G.I. (Servizo Galego de Igualdade), totalmente gratuíto, que ofrece atención ás necesidades de tódalas mulleres, de xeito anónimo e confidencial.

¿QUE PRETENDE?

  • Buscar que a igualdade de oportunidades sexa unha realidade
  • Activar a participación das mulleres en tódolos aspectos da vida.
  • Fomentar o asociacionismo e colaborar no funcionamento das asociacións.

¿QUE SERVIZOS OFRECE?

  • Información e asesoramento.
  • Cursos, conferencias, xornadas, obradoiros… 
  • Creación e apoio ás asociacións de mulleres
  • Recursos e servizos sociais

         ATENCIÓN PSICOLÓXICA

  • Problemas familiares, conflitos de parella, abandono do fogar, etc.
  • Mulleres vítimas de malos tratos.
  • Neuroses (depresión, ansiedade,…)
  • Intervencións psicolóxicas en agresións sexuais, acoso,…
  • Adiccións e transtornos alimentarios (alcolismo, anorexia, bulimia, etc.)

         ASESORAMENTO XURÍDICO

  • Trámites xustiza gratuita
  • Dereito de Familia: separacións, divorcio, unións de feito.
  • Dereito Civil: sucesións, doazóns,…
  • Dereito Penal: agresións, ameazas, malos tratos, orde de protección.
  • Dereito Laboral: maternidade e paternidade, incapacidades laborais.

 ¿QUE ACTIVIDADES DESENVOLVE?

  • De formación: cursos (inglés, informática, manualidades, etc.), obradoiros (autoestima, relaxación, educación en igualdade, eliminación da violencia, etc.), escolas de nais e pais,…
  • De lecer : viaxes culturais, teatro,…
  • Conmemorativas: 8 de marzo e 25 de novembro.

¿QUEN ATENDERÁ ÁS DEMANDAS?

  • Unha psicóloga
  • Unha asesora xurídica

 HORARIO

  • Atención ó público

             Luns: 10:00 h. – 15:00 h  e 16:30 h. – 19:30h.

             Martes: P.I.M.: Mazaricos 9:30 h. – 11:30 h.       

                         C.I.M.: Santa Comba de 12:00 h. – 15:00 h.

             Mércores, xoves e venres: 10:00 h. – 15:00 h.

 

  • Atención xurídica

             Luns, mércores e venres: 15:00 h. – 21:00 h.

             Martes: 9:00 h. – 15:00 h.

             Xoves: P.I.M.: Mazaricos: 9:30 h. – 11:30 h.       

                        C.I.M.: 12:00 h. – 15:00 h. 

  • Atención psicolóxica:

              Luns a venres de 12:00 h. a 15:00 h.

 

¿ONDE ACUDIR?

Edificio Multiusos. 1º andar

Rúa Curros Enríquez, s/n

15840 Santa Comba

Teléfono: 981 818710  Fax: 981 818712

Correo: cim @santacomba.es

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR