981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

PROGRAMA CONCILIA

0
BANDO


O Concello de Santa Comba, e máis en concreto a Concellaría de Familia, Muller, Maior e Servizos Sociais, pretende levar a cabo medidas que favorezan a corresponsabilidade familiar, co obxectivo primordial de que as familias do noso Concello poidan conciliar a vida familiar, persoal e profesional, á vez que se instauren hábitos de vida saudable e unha educación corresponsable, no intento de paliar os obstáculos que impiden ou dificultan a plena igualdade entre homes e mulleres.
De aí que o Concello poña en marcha diversas actuacións como o denominado “PROGRAMA CONCILIA” que abrangue os servizos “Bos Días” e “Tardes Divertidas”, co fin de cubrir a necesidade de atención a nenas e nenos, de educación infantil e primaria do termo municipal de Santa Comba, antes do inicio das clases pola mañá, e ó remate das mesmas pola tarde.

Prazo de inscripción dende o 21 ata o 31 de agosto (ambos inclusive).

As solicitudes presentaranse e rexistraranse no Rexistro Xeral do Concello, e hai que achegar, xunto con elas, unha  fotocopia da seguinte documentación, debidamente compulsada:

a) Documento de identidade do pai, nai ou titor/a que asina a solicitude.b) Resgardo de matrícula escolar. c) Libro de Familia. d) Título de familia numerosa, de ser o caso. e) Tarxeta sanitaria do/a neno/a. Aqueles/as participantes que teñan problemas alimentarios (celíacos, diabéticos…) achegarán informe médico onde se recollan. f) Sentenza de separación, divorcio ou xustificante de viuvez. g) Documento que xustifique a situación de ocupación (formación, coidado de familiares dependentes, contrato de traballo ou certificado de empresa que indique que o horario de traballo coincide co do servizo).h) Xustificación de ingresos económicos: – Se tivo que efectuar declaración de IRPF, copia da última Declaración de IRPF de cada membro da unidade familiar computable, para os efectos económicos. – Se non estivo obrigado/a a presentar declaración: certificado da Axencia Tributaria; certificado de bases impoñibles; certificación expedida polo organismo competente (INEM, XUNTA, Seguridade Social), se percibiu algunha prestación ou pensión. i) No caso de minusvalía dalgún membro da unidade familiar presentarase a documentación que a acredite.k) Cantos outros documentos, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais. -Se existisen membros da unidade familiar computable titulares dun dereito de alimentos xudicialmente recoñecido e impagado, requirirase testemuño da resolución xudicial que recoñeza dito dereito de alimentos, así como de ter instada execución e certificado expedido polo Secretario Xudicial que acredite o resultado infructuoso da referida execución. Así mesmo, requirirase declaración xurada de todas aquelas prestacións ou axudas que por estas circunstancias se estean percibindo por parte das distintas Administracións Públicas ou entidades privadas. Para o caso de que algún dato ou documento achegado polo solicitante non quedase suficientemente acreditado ou inducise a confusións, o órgano instrutor poderá solicitar informe do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Santa Comba. Poderá esixirse en calquera momento a ampliación da documentación acreditativa das diferentes circunstancias. A omisión e/ou falsidade dos datos ou dos documentos achegados serán causa de anulación.

 

Para máis información poden dirixirse ó Centro de Información á Muller de Santa Comba.

 Tfnos: 981818710 ou 981818712.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR