CURSO ” LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO” PARA MULLERES DESEMPREGADAS

O Servizo Galego de Igualdade ( SGI ) concedeulle ó Concello de Santa Comba o curso de ” LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO “, cun total de 100 horas, dirixido a mulleres desempregadas inscritas na Oficina de emprego.

O curso desenvolverase en horario de mañá, do 25 de outubro ó 9 de novembro, de luns a sábados (inclusive).

Serán un total de 13 días.

Prazas ofertadas: 15

As interesadas poderán inscribirse o 21 e 22 de outubro ( xoves e venres ).

Documentación necesaria:

– Fotocopia D.N.I..

– Fotocopia DARDE ( tarxeta de desemprego )

 

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN:

Oficina do CIM – Teléfono: 981 104309

Oficina de Formación – Teléfono: 981 880275

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *