981880075
Seleccionar página

Subvencións Remate Exterior Vivendas Unifamiliares

 

A Consellería de Vivenda e Solo convocou, a través da Orde de 23 de febrerio de 2009, as subvencións a fondo perdido para o remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción. (DOG nº 43, martes 3 de marzo de 2009)

Obxecto: abrir a convocatoria no exercicio económico de 2009, nun procedemento de concurrencia non competitiva, para as subvencións reguladas no Decreto 64/2006 do 6 de abril (DOG. nº 79 do 25 de abril de 2006) e na Orde de bases do 9 de abril de 2008 (DOG. nº 74, do 14 de abril de 2008) destinadas a persoas físicas promotoras de vivendas unifamiliares rurais, con baixos ingresos, para que poidan rematar os exteriores das súas casas.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 1 de xuño de 2009

Modelo de Solicitude: segundo o establecido no artigo 4 da Orde do 17 de abril de 2008, o modelo é o que figura como anexo na Orde do presente ano. Pode acceder a ela premando no seguinte enlace:

Orde e anexos de solicitude remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción Ano 2009: Documento 04300D014P077.PDF

Para acceder ao Decreto 64/2006 e á Orde do 9 de abril de 2008, que establece as bases reguladoras con vixencia indefinida, pode facelo premando no seguinte enlace:

 

Subvencións para remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción

Información: Axencia de Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba.

Telf.: 981 81 86 79 – Fax: 981 88 04 01 – E-mail: adl@santacomba.es