981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

SUBVENCIÓNS PROXECTOS DINAMIZADORES AREAS RURAIS DE GALICIA

0
Subvencións aos Proxectos Dinamizadores das Areas Rurais de Galiza
Convocatoria 2010.
 

 

A Axencia Galego de Desenvolvemento Rural ven de publicar a Resolución do 15 de decembro de 2009 (DOG nº 250, xoves 24 de decembro), pola que se aproban as bases reguladoras das subvención aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2010.

A través desta Resolución preténdese dar continuidade á promoción do desenvolvemento rural galego mediante o apoio a actuacións de diferente natureza, dentro das seguintes medidas:

I. Diversificación cara a actividades non agrarias

II. Creación e desenvolvemento de microempresas

III. Fomento de actividades turísticas

IV. Servizos básicos para a economía e poboación rural

V. Conservación e mellora do patrimonio natural.

 

Beneficiarios: segundo a medida da actuación, poden ser beneficiarios, entre outros:

– Natureza Privada: persoas físicas, sociedades mercantiles, explotacións agrarias, asociacións/fundacións, comunidades de montes,…

– Natureza Pública: concellos, consorcios, mancomunidades,…

 

Solicitudes e Prazo: as solicitudes presentaranse segundo os modelos do anexo II da Resolución, dirixidas ao Director Xeral de Agader, antes do 22 de febrerio de 2010.

Pode ter acceso á referida Resolución premando aquí

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR