981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Subvencións ós Proxectos Dinamizadores das Áreas Rurais de Galiza 2008-09

0

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), fixo pública o día 2 de xullo a Resolución pola que convoca as subvencións ós proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galiza para o período 2008-2009

O prazo de presentación das solicitudes remata ós 60 días naturais a partir da data de publicación no DOG, é dicir, o 1º de setembro de 2008

A convocatoria recolle cinco medidas de actuacións, todas elas encamiñadas á Dinamización Económica e á Mellora da Calidade de Vida. Estas medidas son:

  1. Diversificación cara ás actividades non agrarias
  2. Creación e desenvolvemento de microempresas
  3. Fomento de actividades turísticas
  4. Servizos básicos para a economía e a poboación rural
  5. Conservación e mellora do patrimonio rural

Os beneficiarios e a intensidade da axuda serán distintos segundo o proxecto que se pretenda realizar e a inclusión deste na correspondente liña de actuación

O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados ós proxectos subvencionados será o 15 de outubro de 2009, e o prazo límite para a xustificación dos mesmos será o 30 de outubro do mesmo ano

Os interesados poden obter documentación normalizada ou información adicional, segundo o caso, a través dos seguintes medios:

Pode acceder á Resolución 18 de xuño de 2008, pola que se anuncia a convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ó período 2008-2009, prema aqui.

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR