981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

EMPREGO E FORZAS ARMADAS

0

EMPREGO E FORZAS ARMADAS

O Ministerio de Defensa, a través da Subdelegación de Defensa na Coruña, e co obxectivo de proporcionar unha canle axeitada de información permanentemente actualizada sobre as ofertas de emprego nas Forzas Armadas, solicitou a colaboración do Concello de Santa Comba para difundir e achegar dita información ós mozos e mozas comprendidos entre os 18 e 32 anos de idade.

 

O obxecto principal é, pois, amosar a través de distintas canles de difusión, tódalas posibilidades de incorporación ás Forzas Armadas, desde distintos niveis formativos ós seus diferentes campos de actividade, especialidades e empregos.

 

Para isto, o Concello creou un vínculo informático coa páxina web do Ministerio de Defensa ( www.soldados.com ), que poderás atopar no apartado ligazóns situado na cabeceira desta páxina.

Por outro lado, tamén podes consultar no taboleiro de anuncios da Casa da Cultura, o listado de Relación de Prazas que oferta de forma periódica o Ministerio de Defensa.

Por último, os interesados tamén poden solicitar información chamando ó teléfono 902 4321 00

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR