981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Axudas á Afiliación á Seg. Social Titulares/Cotitulares de Explotacións Agrarias

0

Axudas á Afiliación á Seg. Social Titulares/Cotitulares de Explotacións Agrarias

 

Obxecto: Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres.

Beneficiarios: persoas incorporadas á actividade agraria incluídas nalgún dos cinco colectivos que recolle a Orde da convocatoria no seu artigo 2º, e cumpran os requisitos establecidos para cada suposto.

 

Tipos de Axuda:

  1. A axuda para as persoas beneficiarias incluídas no colectivo do artigo 2º, números 1,2, e 3 da Orde, será do 20 por 100 da cota por continxencias comúns de cobertura obligatoria que corresponda ingrensar. Segundo o establecido, a axuda correspondente ao ano 2008 será de 30,65 € mensuais, e a axuda correspondente ao ano 2009 será de 31,25 € mensuais.
  2. A axuda para as mulleres incluídas nos supostos do artigo 2º, números 4 e 5 da Orde, consistirá no aboamento do 50 por 100 da cota por continxencias comúns de cobertura obrigatoria que corresponda ingresar. Segundo o cal, a axuda correspondente ó ano 2008 será de 76,62 € mensuais, e a axuda correspondente ó ano 2009 será de 78,13 € mensuais.
  3. Procederá este aboamento polas mensualidades desde outubro do ano 2008, ou desde a data de efectos da obriga de cotización se esta é posterior, e ata setembro do ano 2009, esta incluída.

Solicitudes e prazo: as solicitudes remitiranse ó Dr. Xeral de Promoción do Emprego. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2009. Para a axuda correspondente ás mensualidades do ano 2010 e do último trimestre do ano 2009 deberá solicitarse conforme o que se estableza na Orde pola que se proceda á convocatoria deste programa para o ano 2010.

Podes acceder á convocatoria do Programa e ás solicitudes premendo no seguinte enlace: Incentivos para promover a afiliación á seguridade social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias (TR340G)

Información: Axencia de Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba.

Telf.: 981 81 86 79 – Fax: 981 88 04 01 – E-mail: adl@santacomba.es

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR