981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

REDES DE FAIXAS DE XESTIÓN DE BIOMASA E INCENDIOS FORESTAIS ( Lei 3/2007 de prevención de incendios)

0

 ¿ QUE É UNHA FAIXA DE XESTIÓN DE BIOMASA ?

 

É unha faixa de terreo na que se controla o tipo e a altura da vexetación para previr o inicio dun lume, a súa propagación e os seus efectos.

As faixas de xestión de biomasa conforman redes primarias, secundarias e terciarias atendendo ás súas funcións.

 

REDES PRIMARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA

 

. Son faixas permanentes de terreo para facilitar a extinción dos grandes incendios.

 

. Estas redes serán definidas pola Consellaría do Medio Rural tendo en conta:

 – A eficacia e seguridade na extinción.

– O valor socioeconómico, paisaxístico e ecolóxico dos terreos forestais.

– As características da paisaxe local.

– Antecedentes de incendios na zona.

– Actividades que nela se poidan desenvolver ( pastos, labradíos… ).

 

REDES SECUNDARIAS

 

1.- Perímetro limpo do monte e dos núcleos poboacionais.

    Debe deixarse unha faixa limpa de polo menos 100 metros arredor dos núcleos poboacionais e limitación de plantacións a menos de 50 metros.

2.- Beiras limpas das infraestruturas en toda a superficie de dominio público.

3.- Nas liñas eléctricas debe limparse unha faixa de 5 metros desde as instalacións.

 

FAIXA DE PROTECCIÓN DAS EDIFICACIÓNS EN ZONAS DE ALTO RISCO DE INCENDIO FORESTAL.

Nas novas edificacións de uso residencial, comercial, industrial ou servizos, instalacións agrogandeiras ou forestais manterase unha faixa limpa ou rareada de 50 metros.

 

¿ QUEN SON OS RESPONSABLES DA LIMPEZA DAS FAIXAS ?

– Propietarios, arrendatarios, usufrutuarios ou titulares de leiras.

– Administracións, entidades ou sociedades encargadas das vías de comunicación e liñas eléctricas.

 

¿ CANDO DEBEMOS FACER ESTA LIMPEZA ?

Antes do 31 de marzo de cada ano.

 

NO CASO DE NON LIMPAR

 A Consellaría de Medio Rural ou o Concello notificará a obriga de comezar a limpeza antes de 15 días

Se non se cumpre, o organismo competente:

– Ordeanrá os traballos de limpeza repercutindo os seus custos nos propietarios.

– Obrigará a que se lle facilite o acceso para o cumprimento subsidiario da limpeza.

– Iniciará o procedemento sancionador.

– No caso de incendio, limpará ou fará traballos preventivos nos predios sen autorización previa.

 

 

 

 

 

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR