981880075
Seleccionar página

O sector Horeca ( Hostelería, restauración e catering ), constitúe un ámbito que, por presentar unhas características específicas ( principalmente, o elevado volume de residuos de envases de vidro que se xeran no mesmo ), debe ser obxecto de medidas destinadas a introducir prácticas medioambientais favorables, dada a súa relevante influencia na consecución de obxectivos de reciclado e valorización.

 Neste sentido, e co fin de fomentar e promover a participación do canal HORECA na recollida selectiva principal e co fin de garantir unha implantación progresiva e concreta da citada recollida selectiva, a Comunidade Autónoma e Ecovidrio, acordaron subscribir un documento no que se definen os seus respectivos compromisos e, asimesmo, os daqueles Entes Locais adheridos ao presente Convenio Marco que tivesen interese en levala a cabo.

 

Deste xeito no mes de abril do ano 2007 implantouse no concello o canal HORECA desenvolvéndose en tres fases:

– Fase 1.- Implantación

  Toma de contacto entre Ecovidrio e Concello para ver a viabilidade a hora de implantar o proxecto e as necesidades a atender. e ao mesmo tempo toma de contacto cos establecementos hostaleiros para explicarlle as características do proxecto e o interés que poidera ter para eles a súa participación.

 

– Fase 2.- Información e sensibilización.

  Facilitar aos establecementos adheridos material divulgativo que lembre a necesidade de reciclar vidro e os envases que deben depositarse nos contedores.

   Facilitar, asimesmo, a tales establecementos un regalo ( exemplo: tirarrollas ) que lembre a necesidade de reciclar e un identificativo ( exemplo: calcomanía adhesiva ) que poidan colocar na porta do establecemento, co obxecto de informar aos seus clientes que se preocupan polo medio ambiente e reciclan vidro, outorgando, deste xeito un valor engadido que lembre a necesidade de reciclar e un identificativo que poidan colocar na porta do seu establecmento, co obxecto de informar aos seus clientes que se preocupan polo medio ambiente e reciclan vidro, outorgando, de tal maneira un valor engadido de imaxe e publicidade a ditos establecementos.

  Deste xeito, Ecovidrio facilitou a cada establecemento adherido: dous folletos informativos, dous tirarrollas e unha calacomanía adhesiva.

 

– Fase 3.- Execución

  Leváronse a cabo as seguintes actuacións:

  a) Colocáronse na vía pública os contedores necesarios para atender o previsible aumento de vidro recollido .

  b) Compromiso dos establecementos que se adheriron ao programa de integración do canal HORECA na recollida selectiva municipal.

  c) Facilitouse aos estableementos adheridos colectores para dentro do establecemento, facendo así máis cómodo o proceso de sacar o vidro á rúa.

 

Na actualidade soamente se implantou o HORECA nos pubs. O concello espera poder implantalo nos bares e restorantes o antes posible.