981880075
Seleccionar página

O vindeiro venres 25 de abril vaise levar a cabo unha nova recollida de plásticos de silos a domicilio. Tódolos que estean interesados en que se lles vaian recoller os plásticos de silos ou invernadoiro poden apuntarse na oficina de Medio Ambiente. O último día para apuntarse é o xoves, día 24 de abril.

 

O día 2 de maio ( Venres ) levarase a cabo unha nova recollida de inservibles polas distintas aldeas do concello. Tódolos veciños das aldeas que queiran desfacerse de mobles vellos, colchóns, electrodomésticos, ferros,.. poden chamar á oficina de Medio Ambiente e deixar os seus datos. O último día para apuntarse é o xoves, mércores, día 30 de abril.