981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Aberto o Prazo Para Solicitar a Participación No Sorteo Dos Coutos De Pesca

0

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A PARTICIPACIÓN NO SORTEO DOS COUTOS DE PESCA

TEMPADA 2016

 

Comunícase que en data 13 de outubro de 2015 saiu publicado no DOG a Resolución do 2 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza , pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2016.

 

O límite para a presentación de solicitudes é o 7 de novembro de 2015, ás 14:00 horas.

Para cada sorteo poden presentarse solicitudes individuais ou en grupo.

As solicitudes poden ser telemáticas ou por escrito.

As solicitudes telemáticas presentaranse por medio dunha aplicación informática dispoñible na páxina web: https://www.xunta.es:444/pescafluvial/.

Os impresos de solicitude escrita estarán dispoñibles na páxina web:

https:///www.xunta.es:444/pesca fluvial/ ou nos servizos provinciais de Conservación da Natureza.

 

No caso de non dispoñer de acceso a Internet, poden dirixirse a oficina de Medio Ambiente, ubicada na Casa de Cultura, onde lle farán a solicitude telemática para que poida participar no sorteo.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR