981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

XORNADAS DE PRESENTACIÓN DA LEI 44/2015 DE SOCIEDADES LABORAIS E PARTICIPADAS

0

Estimados señores, estimadas señoras:

A sociedade laboral representa unha forma de facer empresa na que as persoas traballadoras son as protagonistas da marcha das súas empresas. Coa nova lei Lei 44/2015, do 14 de outubro, de sociedades laborais e participadas, facilítase a creación destas empresas, flexibilizando a participación nelas das persoas traballadoras, axilizando os trámites de compra e venda das accións ou participacións, e establecendo tamén a figura da sociedade participada dentro da lexislación española.

A Secretaría Xeral de Emprego, xunto coa Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia AESGAL, queremos facilitarlle á sociedade o coñecemento desta forma xurídica, co fin de que as persoas que emprenden en colectivo a teñan en conta á hora de montar a súa empresa.

Con esta finalidade convócanse catro xornadas informativas, destinadas principalmente ás persoas interesadas en emprender e ao persoal técnico de asesoramento a emprendedores, pero tamén a traballadores/as ou empresarios/as, estudantes e en xeral a todas aquelas persoas que queiran coñecer de preto as características e vantaxes que ofrece esta figura.

Invitamos ao persoal desa entidade a participar nelas e solicitamos a súa colaboración na súa difusión co fin de que chegue ao maior número de persoas interesadas, para o que se remite un cartel informativo coas datas e lugares de realización.

Pode inscribirse aquí ou a través de:

aesgal@aesgal.org

981 553406

(2016 - 05 - 16) CARTEL XORNADAS SSLL AESGAL.page1

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR