981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Prazas vacantes no curso de ebanista

0


O concello de Santa Comba dispón de prazas nun curso de "Ebanista".

Desde o departamento de Formación e Emprego informan da existencia de tres prazas vacantes no curso de "Ebanista" que se está a levar a cabo no Centro de Formación municipal e que ten unha duración de 838 horas, co remate previsto para o 14 de decembro. Só se poden dar altas ata mediados de Agosto.

Os interesados poden dirixirse a Oficina de Formación, na Casa da Cultura de Santa Comba. Teléfono 981880275 – 663728782. Horario de 9,00- 14,00h. Para poder ser admitidos débese estar inscrito na Oficina de Emprego e ter como mínimo o certificado de escolaridade.

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR