981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO

0

OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO

 

 

RESPONSABLE: CRISTINA PEREIRA

ENDEREZO:

CASA DA CULTURA

AVDA. AFONSO MOLINA, S/N

15840 – SANTA COMBA ( A CORUÑA )

TELÉFONOS DE CONTACTO: 981 880275 – 981 818680

FAX: 981 880401

E – MAIL: cristina.pereira@santacomba.dicoruna.es   –   formacion@santacomba.es

 

OBXECTIVOS:

 

– Informar, asesorar e formar ós habitantes do Concello de Santa Comba e concellos limítrofes, que necesitan mellorar a súa situación laboral.

O noso obxectivo fundamental é  ser lugar de referencia para desempregados, emprendedores, empresarios, traballadores , emigrantes retornados e inmigrantes que se acheguen a esta oficina para demandar uns servizos públicos gratuitos de apoio e asesoramento que lles axuden a completar a súa vida laboral.

 

– Formar a desempregados para a súa incorporación ao mercado de traballo. Se é o caso, asesorar e informar de a dónde poden dirixirse para poder facelo en cada caso concreto.

 

– Impartir formación continua ós traballadores e empresarios que a demanden, para estar sempre ó día no nivel de cualificación exisido nas empresas. 

 

– Estar na procura continua de cursos ( CELGAS, Manipulación de alimentos ,…) que demandan sectores varios.

 

SERVIZOS:

 

– Asesoramento e información a persoas desempregadas sobre cursos de formación.

– Asesoramento e información a persoas en activo  sobre cursos de formación continua.

– Desenvolvemento de cursos do Plan F.I.P. para desempregados inscritos nas Oficinas de Emprego.

– Desenvolvemento de cursos do FORCEM ( Formación Continua Empresarial ) para persoas en activo dos diversos sectores do mercado de traballo.

– Desenvolvemento dos cursos de lingua galega levados a cabo por Política Lingüística ( CELGAS ).

– Desenvolvemento de cursos para a obtención do Carné de Manipulación de Alimentos.

– Solicitude de subvencións para o desenvolvemento de todo tipo de cursos de interese para os cidadáns do noso Concello en cada exercicio ( cursos experimentais, obradoiros de emprego, escolas-obradoiro, programas experimentais de emprego,… ) .

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR