981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Oferta formativa do concello de Santa Comba

0

O concello de Santa Comba organizará , o través do Centro municipal Integrado de Formación Terra de Xallas,distintas accións formativas en vindeiras datas. Recentemente a consellería de Traballo e Benestar concedeu dúas accións dirixidas a persoas traballadoras desempregadas, un curso de creación e xestión de microempresas(538 horas. Nivel 3) e outro de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais(468 horas.Nivel2). Comezarán a impartirse a mediados do mes de agosto. As persoas interesadas deberán solicitar o curso na Oficina de Emprego.

 

Ademais nos vindeiros meses desenvolveranse outras modalidades formativas. O 26 e 27 de xuño terá lugar un curso de condutor/a de carretilla elevadora(semipresencial-20 horas) e o 3 e 4 de xullo levarase a cabo o de manexo de plataforma elevadora (presencial-10 horas). E para o 9 de xullo está previsto que se impartan dúas accións relacionadas co sector da construción: Un curso de prevencións de riscos e outro de movemento de terras.
Para mais información dirixirse ao Departamento de Formación e Emprego sito no CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN TERRA DE XALLAS – EDIFICIO MULTIUSOS. Tfnos.: 981 818 710 – 663728782.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR