981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

O Concello de Santa Comba formará a 105 desempregados en sete cursos do Plan AFD e a 20 nun Obradoiro de emprego.

0

O Concello de Santa Comba formará a 105 desempregados en sete cursos do Plan AFD e a 20 nun Obradoiro de emprego.

O Concello de Santa Comba levará a cabo sete cursos do Plan AFD dirixidos aos desempregados para a súa inserción laboral. Os cursos levaranse a cabo grazas a unha axuda de 224.739,00€  provenintes da Consellería Economía, Emprego e Industria.

Deste xeito, o Centro de Formación Municipal Terra de Xallas  impartirá sete novos cursos a partir do mes de setembro de 2017 ao mes de xuño de 2018, aproximadamente : “Xestión integrada de recursos humanos” (808 horas), “Actividades administrativas na relación co cliente” (818 horas), “Operación auxiliares de servizos administrativos e xerais” (448 horas), “ Atención sociosanitraia a persoas dependentes en institucións sociais” (468 horas), “Competencia Mantemática N2 ( 138 ), Comunicación en língua castelá N2” (138 horas), Comunicación en língua galega N2”(38 horas ).

Os interesados deberán inscribirse nas oficinas de emprego (INEM) e verificar que teñen acreditada a titulación académica necesaria para acceder aos mesmos.

Por outra banda, foi concedido ao Concello de Santa Comba o obradoiro de emprego “ProTurismo 2017”, cunha duración de 9 meses, para un total de 20 alumnos/as traballadores/as. O importe da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria neste obradoiro é de 279.959,00€.

Os módulos formativos que se desenvolverán no obradoiro son: “ Promoción turística local e información ao visitante” ( Nivel 3) e “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes ( Nivel 2 ).

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede ao Concello de Santa Comba un total de 504.698,00€.

Para calquera información os interesados poden dirisirxe ás oficinas de formación ou orientación sitas no Edificio Multiusos do Concello.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR