981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

O CONCELLO DE SANTA COMBA CONTINÚA COA SÚA APOSTA FORMATIVA EN FORMA DE OBRADOIROS DE EMPREGO. “XÓVENES2019”

0

O CONCELLO DE SANTA COMBA CONTINÚA COA SÚA APOSTA FORMATIVA EN FORMA DE OBRADOIROS DE EMPREGO

Fai apenas un mes clausurábase o segundo dos Obradoiros dos que formou parte Santa Comba no 2018, e agora venlle de ser aprobada unha nova solicitude.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia aprobou unha nova subvención para que os concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra poñan en marcha un novo Obradoiro de emprego, titulado “XÓVENES2019”, que formará a 16 persoas durante seis meses.


Os módulos formativos que se van impartir neste nova iniciativa formativa son:
Agricultura ecolóxica de nivel 2.
Animación físico-deportiva e recreativa de nivel 3.


Con este novo Obradoiro, e coa elección destes módulos, amplíase a posibilidade formativa dos xóvenes destes concellos en temáticas con demanda de traballadores e cun futuro positivo á hora da inserción laboral ou do auto-emprego.


As persoas que se poden beneficiar desta iniciativa son xente moza de dezaoito ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa no momento da selección do alumnado (trinta), inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.


Nesta aposta formativa conxunta de concellos con gran vinculación socio-económica, a sede do obradoiro estará no Concello de Val do Dubra, que, nesta solicitude do 2019, actúa como concello promotor.
Pódese obter máis información na Departamento de Formación e emprego do Concello de Santa Comba ( no edificio Multiusos) e na Oficina de Emprego Santiago-Norte.

Compartir

Comments are closed.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR