CURSO PARA A OBTENCIÓN DA TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCCIÓN ( TPC )

O Concello de Santa Comba, en colaboración coa Fundación Laboral da Construción, oferta a tódalas persoas interesadas, a posibilidade de obter a TPC ( Tarxeta Profesional da Construción ), a través do curso de prevención de 8 horas, correspondente co 1º ciclo de formación que establece o IV Convenio da Construción ( Aula Permanente).

É un curso gratuíto.

As persoas interesadas deben dirixirse á Oficina de Formación, sita na Casa da Cultura de Santa Comba.

Documentación que se debe achegar:

– Fotocopia D.N.I..

– Cabeceira da última nómina, xustificante bancario do pagamento de Autónomos, ou ben, tarxeta de demandante de emprego no caso de desempregados.

Hai un mínimo de 15 prazas a cubrir en cada curso e un máximo de 25.

Máis información no teléfono: 981 880275 ( Oficina de Formación ).

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *