981880075
Seleccionar página

O Concello de Santa Comba pon en coñecemento dos interesados un curso de " PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS " de 80 horas de duración, pertencente á programación da Consellaría de Traballo e Benestar, a través da Rede Galega de Empresas, para o exercicio 2011, dentro dos Plans de Formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

Nº DE PRAZAS NO CURSO: 12.

Curso dirixido ós AUTÓNOMOS ó que tamén poden asistir un máximo de 4 persoas traballadoras desempregadas, inscritas na Oficina de Emprego.

Impartiranse 10 horas presenciais ( en horario de noite ) e as 70 restantes serán a distancia.

As datas de impartición das clases presenciais son: 4, 5, 6 e 7 de abril.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

– Fotocopias de D.N.I. e tarxeta sanitaria.

– Fotocopia do último recibo de autónomos, ou da tarxeta de desemprego.

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN:

Casa da Cultura

OFICINA DE FORMACIÓN

Teléfonos de contacto: 981 880275 – 663728782