CURSO DE ” AUTOCAD ” PARA TRABALLADORES EN ACTIVO

O Concello de Santa Comba abre o prazo de inscrición para a realización dun curso de ” AUTOCAD “.

O curso está dirixido a traballadores en activo ( réxime xeral, autónomos, …), cunha duración aproximada de 60 horas.

O horario será de tarde / noite e as prazas existentes son 15.

A inscrición levarase a cabo na Oficina de Formación, na Casa da Cultura de Santa Comba.

Documentación necesaria:

– Fotocopia D.N.I..

– Fotocopia tarxeta sanitaria.

– Fotocopia nómina ou recibo de autónomos do mes inmediatamente anterior.

PRAZO DE INSCRICIÓN: ATA O 18 DE XUÑO .

Para mais información: Oficina de Formación ( Teléfono: 981 880275 )

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *