981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

CONVOCATORIA CURSO PARA A OBTENCIÓN PERMISO C e CAP- Formación a desenvolver en A CORUÑA – REDE XIANA2

0

Ábrese de novo un proceso de inscripción para persoas participantes nas accións dirixidas a obtención do Permiso C e CAP, formación a desenvolver na Coruña, a través da REDE XIANA 2.

DISTRIBUCIÓN DE CONCELLOS POR ZONAS DE ACTUACIÓN SEDE DA ACCION FORMATIVA
ZONA 4: Aranga, Coirós, Irixoa, Miño, Oza_Cesuras, Paderne A CORUÑA
ZONA 5: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros, Sada A CORUÑA
ZONA 6: A Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Santa Comba
A CORUÑA
ZONA 7: Cerceda, Tordoia, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Trazo, Val do Dubra A CORUÑA

Esta acción incorpora a preparación para a obtención do CAP que habilita para a conducción de vehículos de mercancias.

Prazo ata o 18 de maio de 2016

Requisitos  mínimos para participar:

  1. Estar inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego de Galicia.
  2. Ser maior de 18 anos.
  3. Nivel académico: certificado de escolaridade ou nivel básico de lecto-escritura e comprensión lectora.
  4. Condicións psicofísicas: reunir as aptitudes psicofísicas requiridas en relación coa clase de permiso a obter e que permitan a superación do test psicotécnico.
  5. Todos os participantes deben entregar unha copia do carnet B.

Terán prioridade as persoas que teñan participado ou estean a participar nas accións específicas impartidas no marco do proxecto RedeXiana2, podendo, no caso de existir vacantes, facilitar a participación de persoas das fases iniciais de capacitación, pre-formación, transversal e complementaria, ou en último lugar, persoas non beneficiarias do proyecto pero ás que, a obtención deste  permiso facilítelles o acceso ós recursos e ó mercado laboral. As persoas que quedaran en lista de agarda en anteriores edicións tamén terán prioridade frente a novos interesados.

Para o caso de persoas que xa participaran nalgunha acción formativa do proxecto só é preciso que actualicedes a Tarxeta de Demandante de Emprego e o Informe de Vida Laboral. No caso de novas incorporacións ao proxecto a documentación a enviar é a mesma que para calquera outra acción formativa.

Esta acción formativa oferta a posibilidade de cobro de axuda económica dependendo de cada situación persoal.

INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS:

Oficina de Formación e Emprego

Edificio Multiusos de Santa Comba

Horario: 8,00 a 15,00 horas

Teléfonos: 981 818710 -663728782

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR