981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DAS COMPETENCIAS CLAVE

0

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, convocou as probas de avaliación en competencias clave para acceder ós cursos dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia ( DOG nº 214, do 8 de novembro de 2010 ).

O prazo de solicitude remata o 30 de novembro.

As probas terán lugar no recinto feiral de Silleda.

Para información e axuda na tramitación das solicitudes, as persoas interesadas poden dirixirse a:

OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO

CASA DA CULTURA

AVDA. ALFONSO MOLINA, S/N

SANTA COMBA

TELÉFONOS: 981880275 – 663728782

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR