981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

XVI TORNEO DE TENIS OS MILAGROS 2015

0

(2015 - 09 - 14) XVI TORNEO DE TENIS OS MILAGROS 2015

XVI TORNEO DE TENIS OS MILAGROS 2015

Durante os días do 08 de setembro ao 11 de setembro celebrouse no Pavillón Municipal de Fontenla o XVI Torneo de Tenis Os Milagros que coincide coa festividade da Virxe que da nome a este torneo.

Nesta edición participaron un cadro de 8 xogadores, chegando á final  Isidoro Martínez e Daniel Guzmán que foi o campión por un 3/6 4/6.

Ata semifinais houbo presenza xalleira: Manuel Barcía que leva participando en todos os torneos dos Milagros, Avelino Pazos e Pablo Pérez.

Os xogadores  foron agasallados cun polo deportivo pola súa participación, que foi entregado polo Concelleiro de Deportes Javier Facal que tamén entregou os trofeos aos finalistas.

Nesta gran final tamén destacaron tres futuras “líñas”, Miriam Blanco, Lucía Carracedo e Milena que colaboraron no evento.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR