981880075
Seleccionar página

Un ano máis e xa van 12, o Día da Bicicleta está chegando…

O vindeiro domingo 30 de agosto, arredor das nove e media da mañá, darase a saída para unha nova ruta en bicicleta polas distintas parroquias do Concello de Santa Comba. Ó rematar o percorrido terá lugar unha churrascada na praia fluvial de Esmorode ou, se chove, no pavillón municipal de deportes.

Como agasallo, tódolos participantes terán unha camiseta conmemorativa do evento e tamén haberá distintos regalos para sortear entre os rapaces participantes.

O prazo de inscrición xa está aberto e pódese facer ou ben na Oficina Municipal de deportes situada na Casa da Cultura ou no 981 88 02 75 de nove a dúas da tarde.

Dende a Concellería de deportes queremos agradecer a participación e a axuda prestada nestes anos por Motos López.