981880075
Seleccionar página


Moito público que avala este evento.

A séptima Gala do Deporte organizada pola concellería de Deportes, que dirixe Raquel Grille, foi un auténtico éxito de participación, coauditorio do multiusos cheo ata a bandeira. Mixturáronse os momentos de ledicia con capítulos moi emotivos, como as lembranzas que houbo para os finados Julio Ferreiro e Antonio Mouro.

Foi precisamente a concelleira Raquel Grille Boga a encargada de saudar os presentes e de apostar pola continuidade dun evento como a Gala do Deporte, así como de animar apráctica do deporte "como ferramenta de futuro".Actuaron como padriños do evento, a futbolista Verónica Boquete e o árbitro Ignacio Iglesias, que participaron na entrega de premios xunto co alcalde, Antonio Landeira, a responsable de Deportes, Raquel Grille e o edil de Servizos, Manuel García Cancela.

Os premiados desta edición foron:

Talleres Arán: Campión de fútbol sala intermunicipal 2011.
S.D.Castriz: Finalista da Copa da Costa 2011.
Balonmán Xallas: Mellor iniciativa deportiva do ano.
Diego Martínez Romar: Nadador. Premio ó mellor deportista individual.
Santa Comba C.F.: Campeón Liga xuvenil e benxamín de fútbol. Premio a
mellor tempada de base.
José Pardiñas Vidal: Premio educación a través do deporte.
Julio Ferreiro Pazos: Recoñecemento a toda unha vida adicada ao deporte.

As intervencións dos premiados, entrelazáronse con vídeos e imaxes. Entre eles un saúdo gravado polo futbolista Juan Carlos Valerón. Tamén houbo sorteo de camisetas da selección española, do Deportivo, do Autos Lobelle de Santiago, e un balón de fútbol.

A VII Gala do Deporte foi clausurada polo alcalde de Santa Comba. No seu discurso Antonio Landeira felicitou os premiados e pediulle que foran "un exemplo para a nosa sociedade" e un espello onde mirarse os máis novos. Landeira defendeu o deporte como elemento educacional e formador de persoas, e dixo que o traballo do seu ejecutivo se inspiraba precisamente "nunha filosofía que coincide co espíritu deportivo, o afán de superación e a noble búsqueda da competitividade".