981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

SAÚDO DO CONCELLEIRO DE DEPORTES

0

O obxectivo básico da área de deportes do Concello de Santa Comba, é a utilización da actividade  deportiva como axente educativo, buscando, a través de actividades que se organizan, a educación integral dos nenos e nenas e a ocupación das súas horas de ocio con  actividades formativas que o afasten do sedentarismo e dos vicios, e que esas actividades lle axuden a adquirir unha serie de hábitos saudables para o futuro.

A “Educación nos Valores” é unha das liñas que tratamos de marcar, porque entendemos que os valores que transmite o deporte son esenciais para o desenvolvemento integral de cada individuo. A solidariedade, o compañeirismo, a capacidade de superación, o esforzo, o respecto polos semellantes, os diferentes e o contorno, son entre outros moitos aspectos o que intentamos fomentar.

Actividades como fútbol sala, patinaxe, fútbol e ximnaxia de mantemento, son as que ano tras ano contan cunha maior aceptación.

Se a estas lles engadimos  outras como baloncesto, tenis, aeróbic infantil, voleibol, taekwondo  ou capoeira, a oferta vese ampliada dun modo significativo de cara ó mellor aproveitamento do tempo de lecer dos habitantes de Santa Comba.

Un amplo sector da poboación xalleira ten inquedanzas deportivas, e a obriga desta Concellaría e da Oficina Municipal de Deportes, é tentar facer fronte a estas inquedanzas mediante a oferta dun programa de actividades amplo, variado  e coherente.

Máis alá de que os principais destinatarios da oferta deportiva do Concello ssexan os  nenos en idade escolar, desde este Servizo organízanse determinadas actividades dirixidas a todas aquelas persoas que, por razóns laborais,só  poden gozar da actividade física ben nun horario determinado ou ben nas fins de semana.

Tendo en conta que o contido da oferta deportiva é moi diverso, é necesario resaltar que tódalas actividades propostas, a excepción dalgunha das celebradas na época estival, han de ser desenvolvidas nas instalacións dos Polideportivos Municipais, nos Pavillóns dos Colexios e mesmo no Edificio Multiusos, polo que a distribución horaria ha de ser perfectamente estudada.

A pesar de que o índice de natalidade descendeu nas últimas décadas, consideramos que o grupo de nenos en idade infantil e de pre-adolescencia debe de ser tratado como a base onde incidir de maneira máis directa na educación para a saúde, polo que pretendemos inculcarlles a practica regular de actividade física.

Para poder acadar este ambicioso obxectivo é preciso coordinarse de xeito directo, fundamentalmente cos Centro Educativos e co Centro Social, co fin de traballar conxuntamente.

Sen máis, como Concelleiro de Educación, Xuventude, Cultura e Deporte estou ó voso dispór para, día a día, mellorar a calidade das instalacións deportivas e aumentar o número de actividades.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR