981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

SANTA COMBA ALBERGARÁ O CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA ESCOLARES

0

 

A capital da Terra do Xallas será a sede da Fase Zonal de Campo a través da Competición Deportiva en Idade Escolar, o vindeiro martes 25 de Novembro. O concello xalleiro organizará a proba en colaboración coa Agrupación Deportiva Escolarix e contará co patrocinio da Dirección Xeral para o Deporte da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.

 

As carreiras terán lugar no Circuito de Marlán de 850 metros, habitualmente destinado ó Autocross, pero que tamén presenta unhas magníficas condicións e infraestruturas para este tipo de eventos pedrestres. Incluso o contorno illado do recinto favorecerá o aparcamento das expedicións e por suposto a seguridade dos rapaces.

Os participantes encadraranse en 8 categorías, benxamín, alevín, infantil e cadete, tanto masculino coma feminino, que desputarán as 8 carreiras a partir das 11 da mañá do día 25. A categoría benxamín abrirá o fogo percorrendo media volta ( uns 400 m.). Posteriormente, as Alevíns femininas percorrerán a partir das 11:30h. 1 volta, e os alevíns 1 volta e media ( 1.300m. aproximadamente). A partir das 12h, tomarán a saída as categorías infantís, que han percorrer volta e media elas e 2 voltas ( 1.700m aprox.) eles. Rematarán a partir das 13 h. os cadetes, con 2 voltas para as féminas e 3 para o sector masculino (2.500m. aprox.).

A organización ten prevista a presenza de máis dun milleiro de atletas de distintas comarcas coruñesas, como a Terra do Xallas, Barcala, Soneira, Bergantiños, Costa da Morte, Fisterra , a Mahía e Santiago.

A Concellaría de deportes, que dirixe Javier Facal, mobilizará efectivos de Protección Civil, unha Ambulancia medicalizada, persoal do Servizo de Deportes e diversos operarios para coseguir que o evento sexa un auténtico éxito. Ademais, entregará medallas ós primeiros clasificados e bocadiillos e refrescos para tódolos participantes.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR