981880075
Seleccionar página

A Oficina Municipal de Deportes celebrará o vindeiro domingo 18 de abril unha baixada en rafting polo Ulla, onde nestes momentos están dándose as mellores condicións climatolóxicas para esta actividade. Se sabes nadar só tes que animarte e reservar a túa praza no Edificio Multiusos (Oficina de deportes) ou ben chamando ó teléfono 981 81 87 10.

O punto de saída é no Edificio Multiusos o domingo ás 10.00h da mañá.

O material necesario son doús pares de zapatillas, unha toalla e un bañador.