981880075
Seleccionar página

SAÍDA FUTBOLÍSTICA: DEPOR vs VILLAREAL

 

A Oficina Municipal de Deportes, en colaboración co Real Club Deportivo e coa intención de fomentar a asistencia á espectáculos deportivos, ten a disposición de tódolos-as xalleiros-as 50 entradas para o partido do domingo 13 de febreiro ás 19.00h en Riazor; onde o Deportivo se enfronta ó Villareal.

Preferentemente as entradas están dirixidas a rapaces e rapazas ( en idade escolar) e as prazas cubriranse polas 50 primeiras persoas apuntadas.

Así que xa sabes, se te animas, apúntate canto antes na Oficina de Deportes no Edificio Multiusos ou chamando ó seguinte teléfono: 663 728 964 (Elisa Capelo) preferentemente en horario de 9.00h ás 15.00h.