981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

IV GALA DO DEPORTE 2008

0

A Oficina Municipal de Deportes está organizando o evento deportivo do ano, a IV Gala do Deporte que se celebrará o vindeiro xoves 18 de decembro a partir das 20: 30 h. no Edificio Multiusos desta localidade.

Nesta xuntanza deportiva, a Concellaría de Deportes vai premiar os deportistas e entidades xalleiras máis destacados do ano 2008, así como persoeiros históricos e ilustres na difusión do deporte, tanto na Terra do Xallas coma no resto de Galicia.

Por medio deste proxecto, que vén coincidindo co nadal, axudaremos a afianzar e fortalecer a importancia da práctica deportiva na nosa sociedade.

Este ano contaremos con deportistas de elite do mundo do fútbol e atletismo para apadriñar o acto.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR