981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

1ª CONCENTRACIÓN DE PATINAXE NA RÚA

0

 

 

A Concellería de Deportes de Santa Comba organiza o vindeiro día 17 de maio un evento novidoso nestas terras. A !ª Concentración de Patinaxe na Rúa pretende xuntar na Praza do Centro de Cultura a tódolos amantes do mundo do patín, que cada ano son máis.

Desde que hai 23 anos houbera o primeiro curso de patinaxe promovido polo histórico Liceo da Coruña, neste Concello gózase do patín, sobre todo durante os últimos 5 anos, a partir da recuperación da Escola Deportiva Municicipal de Patinaxe, que actualmente é a que conta con máis nenos inscritos.

Ante a gran demanda, e coa intención de xuntar a familias enteiras con patíns, nace a iniciativa da 1ª Concentración de Patinaxe na Rúa. Durante a mañá do sábado 17 de maio, nenos e maiores xuntaranse patinando tanto na praza coma nun Circuito Urbano polas rúas Mirafllores e Ferradura e parte da Avenida Afonso Molina. Todo o mundo que desexe participar debe acudir á Praza a partir da 10 da mañá, provisto de patíns ( ben sexan en liña ou convencionais), e sobre todo, de moita gana de diversión.

 

Esta actividade coincidirá  nese mesmo día tamén coa 1ª Xuntanza de Xogos Tradicionais, co que os afeccionados do deporte neste Concello deben de estar de noraboa.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR