981880075
Seleccionar página
1ª CONCENTRACIÓN DE PATINAXE NA RÚA  

 

 
  Coincidindio co Día das Letras Galegas, a Concellaría de Deportes de Santa Comba organiza o vindeiro sábado, 17 de maio, un evento novidoso nestas terras. A !ª Concentración de Patinaxe na Rúa pretende xuntar na Praza do Centro de Cultura a tódolos amantes do mundo do patín, que cada ano son máis. Desde que hai 23 anos houbo o primeiro curso de patinaxe promovido polo histórico Liceo da Coruña, neste Concello gózase da patinaxe. Con máis incidencia nos últimos 5 anos, cando se recuperou a Escola Deportiva Municicipal de Patinaxe, que actualmente é a que conta con máis nenos inscritos. Ante esta gran demanda, e coa intención de xuntar a familias enteiras con patíns, nace a iniciativa da 1ª Concentración de Patinaxe na Rúa. Durante a mañá dese sábado 17 de maio, nenos e maiores xuntaranse patinando tanto na praza coma nun Circuito Urbano polas rúas Mirafllores e Ferradura e parte da Avenida Afonso Molina. Todo o mundo que desexe participar debe de acudir á Praza a partir da 10 da mañá, provisto de patíns ( ben sexan en liña ou convencionais), e sobre todo, moita gana de diversión. Esta actividade coincidirá  nese mesmo día, tamén, coa 1ª Xuntanza de Xogos Tradicionais, e unha exhibición de WING-TSUN,  co que os afeccionados do deporte e da cultura  neste Concello deben de estar de noraboa.