981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

VERÁN LÚDICO SANTA COMBA 2008

0

 

 

VERÁN LÚDICO SANTA COMBA 2008.          

     O Concello de Santa Comba ofrece o programa " Verán Lúdico Santa Comba 2008", elaborado pola Concellaría de Educación, Xuventude, Cultura e Deporte en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais e Cim.          

     O programa desenvolverase entre os meses de xullo e agosto e os rapaces e rapazas poderán participar en moi diversas actividades de ocio, culturais e deportivas; co obxectivo de optimizar o tempo libre, ofreceránselles alternativas de ocio e a posibilidade de conciliar vida familiar e laboral ós pais, durante as vacacións dos seus fillos.         

      As actividades do programa "Verán Lúdico Santa Comba 2008" do Concello de Santa Comba son:

XULLO:

–         Campamentos de fútbol na Acea de Ama.

–         Campamentos deportivos en Calvo Sotelo.

–         Viaxe á Expo-Zaragoza do 17 ó 21 de xullo.

–         Día da Auga: Viaxe a Aquapark, en Cerceda, o día 10 de xullo.

–         Programa “ O mes dos trasnos “, para nenos de 3 a 6 anos, ó longo do mes. Tódolos martes de 10:00 a 12:00 horas.

–         Día da Natureza. Roteiros de Sendeirismo, o día 17 de xullo.

–         Programa “ Coñece a túa costa “. Excursión pola Costa da Morte, o 30 de xullo.

AGOSTO:    

–         Campamento de Verán. Porto do Son, do 1 ó 15 de agosto.

–         Día da Auga. Viaxe a Aquapark, en Cerceda, o día 21 de agosto.

–         XI Día da Bicicleta o día 31 de agosto.

–         Día da Natureza. Roteiros de Sendeirismo, o día 28 de agosto.

–         I Torneo de Fútbol 7 para nenos.

–         Descenso en piragüa polo río Xallas.

–         Festa da Auga na Piscina Municipal.

–         Obradoiros de apoio escolar: Reforzo para Primaria e Secundaria.

–         Obradoiro de ler, contar e xogar. Tódolos martes de 11:30 a 13:00 h.

–         Cine ó aire libre (Campo da feira ou Multiusos, se chove). Ás 22:00 h    

           *  día 5: El diablo se viste de Prada.     

           *  día 21: Una noche en el museo.    

           *  día 27: Lady Killers-        

GRAN FESTA PECHE DO VERÁN. 

 

Máis información nos tfnos: 981.880275 ou 981.818710 . 

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR