981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

PROGRAMA: “NOITE DE CINE 2008”.

0

 

                                                            PROGRAMA: “NOITE DE CINE 2008”.

          A Concellaría de Cultura do Concello de Santa Comba en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza unha nova edición do programa “NOITE DE CINE 2008”.

          As longametraxes que se proxectarán son:

          *  EL DIABLO SE VISTE DE PRADA. Comedia

              Día: 5 de agosto.

              Hora: ás 22 horas.

              Lugar:  Campo da Feira.

                         Con Meryl Streep.  Dúas  nominación ó Óscar 2007. Gañadora do Globo de Oro mellor actriz.  Divertida comedia ambientada no vertixinoso  mundo da moda en Nova York: unha moza desaliñada entra a traballar no pequeno exército de guapísimas xornalistas da moda do equipo da revista Runway (Vogue),  e pronto empeza a entender que para triunfar neste negocio vai necesitar algo máis que iniciativa e determinación.

         UNA NOCHE EN EL MUSEO. Comedia de aventuras.

             Día: 21 de agosto.

             Hora: ás 22 horas.

             Lugar: Campo da Feira.

                       Con Mickey Rooney e Robin Williams. Larry acepta un traballo como garda de seguridade nocturno do Museo de ciencias naturais de Nova York. Durante a noite suceden cousas extraordinarias: maias, gladiadores romanos, dinosauros… saen das súas exposicións para participar en batallas épicas.

         *  LADYKILLERS. Comedia dos Cohen.

             Día: 27 de agosto.

             Hora:ás 22 horas.

             Lugar:Campo da Feira.

                       Dos catro veces gañadores do Óscar, Joel e Ethan Cohen. Con Tom Hanks. Gañadora do premio do xurado no Festival de Cannes. Comedia na que un excéntrico profesor organiza unha banda de ladróns pouco competentes para roubar o Bandit Queen, un barco casino do Mississipi.

         ARTHUR Y LOS MINIMOYS. Animación.

             Día: 19 de setembro.

             Hora: 18:00 horas.

             Lugar:Edificio Multiusos.

                       Debuxos animados e imaxe real. Xusto cando a súa avoa está a piques de perder a casa na que vive, Arthur lembra que o seu avó lle falou dun gran tesouro oculto na terra dos Minimoys, un universo de pequenos seres fantásticos. O maior proxecto de animación feito en Europa. Con Mia Farrow.

          DE PROFUNDIS.Animación para adultos.

              Día: 26 de setembro.

              Hora: 18:00 horas.

              Lugar: Edificio Multiusos.

                        Debuxos animados do coruñés internacional Miguel Anxo Prado e banda sonora de Nani García: unha viaxe ó fondo do mar, un soño en imaxes, un poema animado…

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR