981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

PROGRAMA “BOCABERTA” DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

0

A Concellaría de Cultura, está a desenvolver varias actividades dentro do programa de dinamización lingüística “Bocaberta” da Secretaría Xeral de Política Lingüística, na que participan distintas editoriais.

As actividades que se están a desenvolver son:

* “Língua Máxica”: Dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos. Actividade baseada no libro “ O sorriso de Rosalía “ cuxo animador foi CHRYSTYAN MAGIC. Foi o xoves 15 de outubro ás 15:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Participaron 75 nenos do CEIP BArrié de la Maza. Levouna a cabo a editorial Everest.

* “Contos Musicados”: Dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos. Actividade baseada no libro “Micifú e os seus amigos” e cuxo animador será SERVANDO BARREIRO. Será o luns 19 de outubro ás 15:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Terá unha duración de 45 minutos. e participarán 100 nenos do CEIP Barrié de la Maza. Correrá a cargo da Editorial Everest.

* " Creando Historias": Dirixida a nenos e nenas de 11 a 13 anos, na que o autor ilustrador do libro, ANXO FARIÑA, compartirá as súas experiencias sobre a creación da obra. Correrá a cargo da editorial A Nosa Terra;  terá lugar o luns 19 , ás 16:00 horas no IES Terra de Xallas e participarán 60 nenos de 1º da ESO.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR