I FESTIVAL XALLEIRO DE REGUEIFAS E HIP HOP

I FESTIVAL XALLEIRO DE REGUEIFAS E HIP HOP

 

 

O VINDEIRO VENRES, 17 DE OUTUBRO, NO SALÓN DE ACTOS DO EDIFICIO MULTIUSOS, ÁS 21:00 HORAS TERÁ LUGAR O "I FESTIVAL XALLEIRO DE REGUEIFAS E HIP HOP".

 

A PRESENTACIÓN CORRERÁ A CARGO DE XURXO SOUTO ("OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO"), QUE ESTARÁ ACOMPAÑADO DOS REGUEIFEIROS PINTO DE HERBÓN E LUIS "O CARUNCHO" (COLABORADORES HABITUAIS DO "LUAR"), PARA PROSEGUIR COA LOITA DIALÉCTICA EN VERSO DOS REGUEIFEIROS XALLEIROS E BERGANTIÑÁNS CONVIDADOS, DA ACTUACIÓN DO GRUPO DE HIP-HOP "OS TRASNOS DO MOSCOSO" E DUNHA IMPROVISACIÓN EN VERSO RAPEADA.

 

COMO CLAUSURA DO FESTIVAL HABERÁ UNHA DEGUSTACIÓN DE REGUEIFAS CON VIÑO DOCE PARA TÓDOLOS ASISTENTES.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *