981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Exposición no multiusos xalleiro

0


V Premio de banda deseñada “Castelao”

O Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba acolle dende este xoves17 ao 29 de novembro a exposición do traballo gañador do V Premio de Banda deseñada “Castelao”, convocado pola Deputación da Coruña para promover a aparición de novos talentos entre autores de cómic.

A exposición pode visitarse no horario habitual de apertura do edificio; de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas. Consta de 20 paneis que nos amosan o traballo premiado titulado “Sen mirar atrás” de Dani Montero. Poderase tamén coñecer o exemplar do cómic.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR