981880075
Seleccionar página

O Concello de Santa Comba inaugura o vindeiro venres, 16 de xaneiro (ás 21:00 horas no Edificio Multiusos), a exposición “ A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros “, da Deputación da Coruña, en colaboración coa asociación folclórica Ximiela de Muros.

A exposición será inaugurada pola deputada provincial e responsable da área de Cultura, Caridad González Cerviño, así como polos responsables do concello de Santa Comba e da agrupación Ximiela.

Na exposición poderase contemplar a diversidade do traxe tradicional galego e a súa riqueza etnográfica. A mostra, orixinal e de gran valor, está baseada no libro “ A indumentaria tradicional galega”

A mostra permanecerá aberta ata finais de mes e desde o concello convídase a tódolos que queiran asistir á inauguración, ou a visitala na vindeira quincena.