981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

ESCOLA MUNICIPAL DE ADULTOS DO CONCELLO DE SANTA COMBA

0

ESCOLA MUNICIPAL DE ADULTOS DO CONCELLO DE SANTA COMBA

Está aberto o prazo para matricularse na Escola de Adultos do Concello de Santa Comba, que dará comezo en outubro. Poderán cursar ensinanzas de Educación de Adultos tódalas persoas maiores de 18 anos. Preténdese asegurar e garantir que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional. Cóntase ademais cun servizo de titorías para axudarlles ós alumnos e ás alumnas a preparar as distintas materias; sobre todo, ós que  por motivos laborais non poidan acudir ó horario completo.

Impártense:

GRADUADO ESO: Tódalas persoas adultas maiores de 18 anos, que desexen obter o título de Graduado en Educación Secundaria. Poderán permanecer cursando as ensinanzas básicas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise para a adquisición dos coñecementos establecidos.

ALFABETIZACIÓN: Destinada ás persoas adultas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo.

BACHARELATO: Actividade nova. Ofértase Bacharelato a Distancia na Modalidade de Ciencias Sociais, que está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso. Haberá límite de prazas.

Oa/as interesados/as deberán acchegarse ó Edificio Multiusos do Concello ou ben chamar ó tfno: 981. 818 710.

 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR