981880075
Seleccionar página

Con motivo da celebración do Entroido 2009, o domingo 22 de febreiro terá lugar a partir das 17:00 horas a Festa do Entroido 2009.

O programa é o seguinte:

Ás 17:00 horas dará comenzo a Festa infantil de disfraces con inchables, obradoiros de maquillaxe e globoflexia, bonecos de animación…

A continuación e no trancurso da festa terá lugar o II Concurso infantil de disfraces 2009.

Arredor das 19:30 horas fallarase o I Concurso de filloas, que este ano é novidade na celebración destas festas. Repartiranse filloas entre os asistentes a festa.

As bases do concurso de disfraces infantil e o de filloas poderán recollerse na Biblioteca Municipal, en horario de mañá e tarde de luns a venres e os sábados pola mañá; ou ben poden consultarse nesta mesma páxina.

Para anotarse nos concursos poden facelo na Casa da Cultura ou no Edificio Multiusos ou ben nos teléfonos: 981 88 02 75 e 981 88 14 62.