981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Encontros dos Axóuxeres

0

O CONCELLO DE SANTA COMBA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA

 “OS ENCONTROS DOS AXÓUXERES”

(Sábado, 5 de febreiro)

 Esta iniciativa, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia co obxecto de fomentar o uso do galego no ámbito cotián, chega a Santa Comba, coa colaboración do seu concelleiro de cultura, Javier Facal, e baixo a coordinación do Servizo de Normalización Lingüística Municipal. 

Trátase dun espectáculo, de tipo participativo, que consiste “nunha viaxe polos cinco sentidos”, a través de cantigas, coreografías, teatro, xogos e adiviñas adaptadas á idade do público, nenos menores de tres anos. A actividade terá lugar o sábado, 5 de febreiro, ás 18:30 horas, no Edificio Multiusos Municipal. 

Así mesmo, como colofón, o domingo 20 de febreiro ás 18:00 no mesmo edificio, celebrarase un obradoiro de cantos de arrolo tradicionais, de técnicas de masaxes para os bebés e de xogos de iniciación, co fin de axudar ós pais e nais a crear un maior vínculo co seu fillo nesta primeira etapa.

Para máis información: Edificio Multiusos. Tfno.: 981 81 87 10 / 663 729 202 (Responsable do Servizo de Normalización Lingüística: Ruth Otero) 

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR